Al Otro Lado – Elena Bautista Martín

Descubriremos con esta obra en castelán, unha amalgama de sensacións en forma de escritos e fotografías que nos mostran que non só un libro pode estar cheo de poesía, senon que o propio libro en sí mesmo, pode ser poesía.

A artista multidisciplinar Elena Bautista Martín fainos cómplices, xunto coa editorial Cuatro Hojas, dos seus pensamentos, sentimentos, e porque non dicilo tamén, dos seus desvaríos (estados especiais nos que toda idea inimaxinable pode ser dada a luz).

Dividido en catro capítulos, cada un deles nomeado como un elemento da Natureza, “Al Otro lado” fainos atravesar por diversos mundos e estados.

No primeiro capítulo, “Tierra”, Elena ofrecenos acompañala nunha viaxe a través de “fangos, ciudades, oscuridad y desencuentros propios” no que por fin podemos ver cumprido un soño que tantas de nos temos sen cumprir e que tan ben nos presenta Elena en “Nota sin suicidio”. Sí, refírome a idea de rendirnos, de descansar, de deixar de ter que demostrar que somos valentes, de facer as cousas sen ganas. É un descanso, un abrazo a deixarse ir.

No segundo, “Fuego”, inflámanse os nosos sentidos grazas á súa maneira de describirnos a parte física dos sentimentos. Podémos sentir os bicos, as caricias e mesmos as dúbidas na nosa pel. Xeniales ese “Anginas” ou “Vaho”.

En “Aire” convídanos a coñecela / coñecernos por dentro. O que nos habita nesa alma desconcertada con tantas mensaxes que nos menosprezan, que nos intentan cambiar, nós en continua evolución e loita, nós con continuas “Etiquetas”.

E por último, “Agua”no que nos ensina sobre o AMOR con maiúsculas, o amor a nos mesmas. Infinitas posibilidades aparecen cando nos encontramos e nos amamos, a nós, caóticas e tristes nós.

Resumindo xente, “Al Otro lado” falanos de tristezas e alegrías, de corpos que non son ben vistos polos ollos maliciosos do patriarcado, falanos de tetas, de sangue, de amor romántico ou non, de contradiccións, de rendirse, de aceptarse, de odiarse, de frustración, de coverterse en muller cando querías ser fada, de loucura, de liberdade….da vida amigas, da vida.

Gústame este libro porque me fai sentir acompañada, porque comparto pensamentos aos que a autora, con valentía, lle da voz; porque rompe tabúes e porque as nosas vergoñas e inseguridades divídense e por un anaco non pesan tanto.

Non se trata dun libro rebuscado e intrincado, nin da obra literaria máis tremendamente magnifica que leerás na túa vida, pero sí considero que é un libro necesario. É un libro escrito dende a sinceridade, dende a profundidade das tripas. Xa cansa tanta teatrealidade nos mundos de agora; non todo é perfecto e parece prohibirse falar dixo: da imperfección. Todas feitas no molde que nos marca un paraíso para machistas, sen permitirnos rendirnos, sempre perfectas, sempre ideais….

Eu brindo pola imperfección e a ruptura. Nestas páxinas , Elena Bautista Martín, a mín polo menos, permíteme romperme.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s